Versos e audioversos, propostas sobre lecturas para celebrar o Día do Libro.

AG.- Entrada colectiva do equipo da sección Lecturas Comprometidas.

Como ben sabedes, o 23 de abril celebramos o “Día do Libro” e desde a nosa sección de “Lecturas Compartidas” desexamos participar con todos e todas vós nesta festa lectora. Recorremos á poesía porque nos gusta gozar dos poemas, mais hoxe compartimos só versos que nos falan do amor polos libros.

Adam Amir Khatabbi é un alumno de 1º de ESO, do club de lectura Nube de Palabras, que amablemente nos recitou un poema de Xacobe Sánchez Quintela titulado “Amizade” (do poemario Delta) que nos fala diso, da amizade que nos une cos libros.

Escoitade o audiopoema de Adam: Amizade de Xacobe Sánchez.

Club de lectura
Club de lectura

Algúns dos nosos autores e autoras favoritos teñen tamén poemas dedicados aos libros. Mirade este:

” O tambor das horas                                     Despois cabaleiros

tocou a fanfarra:                                         con moi xentís damas

-¡¡¡Aquí vén o libro                                    e nenos perdidos

con traxe de gala!!!                                    con bruxas malvadas.

O libro, cortés,                                            E negros morcegos

pousouse nas mans                                     en sotos con ratas

da nena que o espera                                  e medos  perdidos

sentada no chan                                          nas teas de araña…

Nel vén un xardín                                       Vai caer a noite

con gnomos e trasgos,                             encima da cama

peixes, paxariños,                                    vai durmir o libro

cadelos e gatos.                                        baixo da almofada.”

E, algo máis adiante,                               Do libro As señoras cousas (Helena Villar Janeiro,

un monte de prata                                   Ed. Galaxia 2014)

cheo de corciñas

princesas e fadas.

Agora é Antonio García Teijeiro o que neste vídeo recítanos un poema no  enlace.

Unha proposta a partir do vídeo co que nos agasallou o gran poeta Antonio García Teijeiro é utilizar este fermoso poema dedicado aos libros  para pedirvos, lectores e lectoras, que construades os vosos propios versos a partir dos que se repiten en cada unha das estrofas.

Libros pechados…

Libros abertos….

(O autor explica na introdución do vídeo  que o poema parte dos versos do seu amigo Juan Carlos Martín Ramos).

E continuamos coas nosas propostas para este día. Completade a nosa listaxe de poemas con outros textos poéticos ou con audios que falen de libros ou que recitedes este. Quen se anima?

E xa para rematar, pensastes algunha vez en definir o que é o libro? E a lectura? Non falamos de definicións de dicionario, claro, senón daquelas que transmiten as nosas emocións a través dos libros e das lecturas. Agora que chegamos ao 23 de abril, Día do Libro, podemos tentar dar con esa definición exacta, precisa, que tamén nos vai identificar a vós con ela. Imos poñernos en marcha, mais antes imos achegarvos algunha pista. Seguro que han ser de axuda!!!

  1. A forma verbal LEO é presente con futuro. Concha Blanco
  2. A literatura serve ante todo para a felicidade. Jorge Luis Borges
  3. Ler para soñar, soñar para vivir. María Canosa
  4. Se les é porque sabes. Se sabes, é porque les. Antón Cortizas
  5. Se somos o que comemos, somos o que lemos. Estíbaliz Espinosa
  6. Ler será no futuro un acto de rebeldía. Alberto Manguel
  7. Ler non serve para nada: é un vicio, unha felicidade. Gabriel Zaid

As mellores definicións aínda están por chegar e seguro que unha delas pode ser a túa. Comezamos?

Club de lectura
Club de lectura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *