O proxecto

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar ao alumnado, ás familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.

A vocación deste portal educativo non é substituír as indicacións educativas que o profesorado lle faga ao seu alumnado no ensino regrado nin o papel das administracións educativas.

A nosa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.

Para o alumnado e as súas familias publicaremos cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Compartiremos contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.

Para o profesorado imos crear unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.

Estamos na casa pero non estamos parados.

A educación en galego continúa.

Galicia, 16 de marzo de 2020

AVISO LEGAL

1.- Información xeral:

AULAS GALEGAS, representa a un grupo de traballo colaborativo de docentes, sen personalidade xurídica nin ánimo de lucro, que xorde como resposta solidaria do corpo docente galego á situación de emerxencia educativa derivada da pandemia polo coronavirus. 

Aulas Galegas é titular do nome de dominio aulasgalegas.org

O obxectivo desta web é compartir recursos, actividades e iniciativas educativas en galego cos docentes, o alumnado e as familias. 

2- Dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial:

 Os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial de aulasgalegas.org, o código CSS e HTML, páxinas, pantallas, a información que conteñen, a súa aparencia, deseño, logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen na mesma son propiedade exclusiva de Aulas Galegas, salvo aqueles elementos cuxa autoría ou propiedade se indique de forma explícita. Calquera uso indebido das mesmas dará lugar ao exercicio das accións que legalmente lle correspondan a Aulas Galegas e, no seu caso, ás responsabilidades que de dito exercicio se deriven.

A maior parte dos materiais incluídos na web están suxeitos a licencias Creative Commons. Non obstante, os autores manteñen os seus dereitos sobre os materiais e outorgan á Aulas Galegas o permiso para difundilos a través da web e dos perfís públicos de Facebook, Twitter e Instagram coas condicións establecidas pola licencia de uso que os acompaña. No resto dos casos, non se permite modificar, copiar, reempregar, explotar, reproducir, comunicar publicamente ou distribuír de calquera forma a totalidade ou parte dos contidos incluídos de aulasgalegas.org para propósitos públicos ou comerciais.

3.- Réxime de prestación dos servizos e responsabilidade:

Aulas Galegas non se fai responsable das distintas opinións dos seus colaboradores, nin dos terceiros e particulares que participen nas distintas seccións da web aulasgalegas.org.
Aulas Galegas non pode garantir a fiabilidade, veracidade, corrección e utilidade dos servizos e informacións que presta na rede, nin garante a súa continuidade.
Os usuarios da web comprométense ao emprego adecuado dos contidos, servizos e información que se ofrecen nas citadas páxinas e a non darlles uso para incorreren en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública. Comprométense tamén a non difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; así como a non provocar danos nos sistemas informáticos ou de terceiras persoas, nin suplantar a súa personalidade ou rexistro. 

Así mesmo, queda prohibido o uso de calquera clase de información obtida a través da web para remitir aos usuarios, ou terceiros, comunicacións comerciais non solicitadas, así como a comercialización ou difusión de datos persoais nun sentido amplo -incluíndo os enderezos electrónicos- que poidan obterse en aulasgalegas.org. Aulas Galegas non se responsabiliza dos danos ou molestias que calquera persoa cause infrinxindo estas normas e condicións de uso.

Aulas Galegas non é responsable da información que se poida obter a través de ligazóns a sistemas externos que non dependan dela.

Aulas Galegas desautoriza expresamente, declinando calquera responsabilidade que poidan xerar tales actuacións, o establecemento de ligazóns á páxina aulasgalegas.org dende aquelas webs de terceiros nas que se desenvolvan actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; nas que se difundan contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; ou as susceptibles de provocar danos nos sistemas informáticos.

4.- Privacidade dos datos de carácter persoal:

Aulas Galegas recada datos e información persoal ou colectiva respecto dos usuarios da súa páxina web de acordo coas seguintes prescricións, que garanten o cumprimento das disposicións legais aplicables e resultan adecuados, pertinentes e non excesivos respecto do seu ámbito e das finalidades determinadas e explícitas para as que se obteñen.

As imaxes, vídeos ou sons onde aparecen menores contan coa autorización das familias, ben por documento asinado ao centro escolar con dereito a difundir en proxectos educativos sen ánimo de lucro, ben por autorización expresa das familias. Aulas Galegas delega a responsabilidade destas imaxes ao autor ou autora que elaborou o recurso.

4.1.- Transmisión pasiva de información:

A simple navegación polo dominio aulasgalegas.org proporciona información maiormente estatística e absolutamente anónima, que non se refire a ningún usuario concreto nin identificable. A concreta información que se obtén deste xeito é o nome do ISP (provedor do servizo de internet do usuario), a data e hora do acceso ao dominio, a duración da conexión, a cantidade de usuarios que acceden á web, ao portal, ás distintas seccións destes e os blogs de enderezo electrónico dende o que procede o usuario que accede no caso de que sexa un enlace dende outra web.


4.2.- Transmisión activa da información por parte dos usuarios:

Os datos recollidos no formulario de participación serán empregados por Aulas Galegas de acordo coa finalidade concreta con que se recollen e se menciona no propio formulario, ademais do seu tratamento con fins estatísticos. 

As empresas e profesionais que remiten os seus datos e producións para seren incluídos no portal aulasgalegas.org, atendendo aos fins de promoción, difusión e publicación dos produtos da industria cultural galega, quedan excluídas desta cláusula de privacidade. Aulas Galegas non se responsabiliza da utilización que os subscritores e terceiros poidan facer respecto das producións que se inclúan no portal.

Os usuarios aceptan a utilización dos datos persoais proporcionados a Aulas Galegas no momento do seu rexistro ou posteriormente, coas seguintes finalidades: facilitar a prestación dos servizos solicitados, a correcta identificación dos usuarios e a divulgación cultural na páxina de aulasgalegas.org, as súas redes ou calquera outro medio de comunicación que empregue.

En calquera momento, os usuarios poden exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude para o efecto, que deberá dirixirse ao enderezo electrónico aulasgalegas@gmail.com.


5.- Vixencia da nota legal:

Aulas Galegas reserva para si o dereito de modificar, dentro das marxes legais, as condicións anteriormente referidas, sen que tal modificación afecte ás condicións en que os usuarios cederon os seus datos persoais, que non se modificarán sen o seu consentimento.
Así mesmo, Aulas Galegas resérvase o dereito a finalizar ou interromper o acceso á web, ao portal e a prestación dos servizos que leva a cabo vía Internet, sen que iso poida dar lugar a dereito a indemnización ningunha aos usuarios e terceiros.