Happy St. George’s Day
AG.- Hoxe, 23 de abril, é o día de San Xurxo, patrón de Inglaterra. Neste vídeo, a profesora Raquel Fernández explícache as orixes desta festividade e proponche un pequeno cuestionario sobre este país que forma parte do Reino Unido.
Por outra banda, velaquí podes ver o tráiler da película George and the dragon, que narra unha historia un chisco diferente da famosa lenda sobre San Xurxo e o dragón. Seguro que che resulta moi entretido e ao faceres este exercicio, mellorarás a túa comprensión oral.