Versos e audioversos, propostas sobre lecturas para celebrar o Día do Libro.
AG.- Entrada colectiva do equipo da sección Lecturas Comprometidas.
Como ben sabedes, o 23 de abril celebramos o “Día do Libro” e desde a nosa sección de “Lecturas Compartidas” desexamos participar con todos e todas vós nesta festa lectora. Recorremos á poesía porque nos gusta gozar dos poemas, mais hoxe compartimos só versos que nos falan do amor polos libros.
Adam Amir Khatabbi é un alumno de 1º de ESO, do club de lectura Nube de Palabras, que amablemente nos recitou un poema de Xacobe Sánchez Quintela titulado “Amizade” (do poemario Delta) que nos fala diso, da amizade que nos une cos libros.
Escoitade o audiopoema de Adam: Amizade de Xacobe Sánchez.
Algúns dos nosos autores e autoras favoritos teñen tamén poemas dedicados aos libros. Mirade este:
” O tambor das horas Despois cabaleiros
tocou a fanfarra: con moi xentís damas
-¡¡¡Aquí vén o libro e nenos perdidos
con traxe de gala!!! con bruxas malvadas.
O libro, cortés, E negros morcegos
pousouse nas mans en sotos con ratas
da nena que o espera e medos perdidos
sentada no chan nas teas de araña…
Nel vén un xardín Vai caer a noite
con gnomos e trasgos, encima da cama
peixes, paxariños, vai durmir o libro
cadelos e gatos. baixo da almofada.”
E, algo máis adiante, Do libro As señoras cousas (Helena Villar Janeiro,
un monte de prata Ed. Galaxia 2014)
cheo de corciñas
princesas e fadas.
Agora é Antonio García Teijeiro o que neste vídeo recítanos un poema no enlace.
Unha proposta a partir do vídeo co que nos agasallou o gran poeta Antonio García Teijeiro é utilizar este fermoso poema dedicado aos libros para pedirvos, lectores e lectoras, que construades os vosos propios versos a partir dos que se repiten en cada unha das estrofas.
Libros pechados…
Libros abertos….
(O autor explica na introdución do vídeo que o poema parte dos versos do seu amigo Juan Carlos Martín Ramos).
E continuamos coas nosas propostas para este día. Completade a nosa listaxe de poemas con outros textos poéticos ou con audios que falen de libros ou que recitedes este. Quen se anima?
E xa para rematar, pensastes algunha vez en definir o que é o libro? E a lectura? Non falamos de definicións de dicionario, claro, senón daquelas que transmiten as nosas emocións a través dos libros e das lecturas. Agora que chegamos ao 23 de abril, Día do Libro, podemos tentar dar con esa definición exacta, precisa, que tamén nos vai identificar a vós con ela. Imos poñernos en marcha, mais antes imos achegarvos algunha pista. Seguro que han ser de axuda!!!
- A forma verbal LEO é presente con futuro. Concha Blanco
- A literatura serve ante todo para a felicidade. Jorge Luis Borges
- Ler para soñar, soñar para vivir. María Canosa
- Se les é porque sabes. Se sabes, é porque les. Antón Cortizas
- Se somos o que comemos, somos o que lemos. Estíbaliz Espinosa
- Ler será no futuro un acto de rebeldía. Alberto Manguel
- Ler non serve para nada: é un vicio, unha felicidade. Gabriel Zaid
As mellores definicións aínda están por chegar e seguro que unha delas pode ser a túa. Comezamos?