Xogando con litros
AG.- Esta actividade, proposta pola mestra Bibiana Alonso González, axúdanos a coñecer e identificar o litro como medida de capacidade. Para saber canto ocupa, procederemos a transvasar líquidos dun envase a outro (a poder ser que midan un litro). Podes seguir investigando con botellas de máis ou menos dun litro.
Que divertido é xogar coa auga! Está permitido mollarse, pero non moito!