Día de Rosalía. Proposta didáctica da AELG ata os 10 anos

AG.- A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esa entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas.

Coma noutras ocasións, dende a páxina da AELG realizan unha serie de propostas de carácter didáctico que deseguido reproducimos.

Propostas ata os 10 anos

THE LELLI KELLIES- A clase é un galiñeiro…

A que algunha vez o tedes pensando? A que algunha vez o alumnado ten escoitado esa expresión vindo de nós? “Esta clase parece un ghaliñeiro!” Pois que sexa. Que sexa un ghaliñeiro que lembre un dos poemas de Rosalía. The Lelli Kellies ofrécenos unha pequena versión para empregar na aula e reproducir a letra e coreografía, nos lugares de traballo e grupos burbulla correspondentes, desta proposta divertida que nos permite descargar adrenalina e botar unha gran risotada. Cacarexar as frustracións!

Escoitade a proposta e tratade de levala a cabo na aula coa rapazada. Primeiro podedes xogar a adiviñar o que di a letra e sobre que trata. Engadimos unha pequena ficha de traballo para que se poida concretar na aula e que a nosa rapazada teña o seu verdadeiro pasaporte Rosaliano do día 24. Rosalía desconfinada!

Podedes descargala aquí.

Actividades de aula:

1.- Proxectamos o vídeo:

2.- Reto 1: Intenta cacarexar ao tempo que o fan os protagonistas do vídeo

3.- Cres que os protagonistas do vídeo son galos ou galiñas? Por que? (Escribe o porqué en 7-10 palabras, e só podes usar un adxectivo).

4.- Completa a letra:

Isca d’______

_________ maldita,

Isca d’_____

Nó me mate-la ______.

 

Isca d’_______

Galiña _______

Isca _______

Pra ______ tua dona.

 

Cantares gallegos. Rosalía de Castro. 1863.

Vente, rapasa

5.- Poderías cantar a canción sen escoitala de fondo? Intentádeo (Lembrade mover os brazos como se tivésedes ás) para poder canalizar toda a forza creadora das/dos poetas.

6.- Debúxate como se foses un galo/galiña/paxaro do teu gusto.

7.- Hora de dalo todo! Gravamos en vídeo o noso baile e canción Rosaliana imitando aos Lelli Kellies!

8.- Extra: Botade unha ollada aos seguintes vídeos de outras persoas que cantaron a Rosalía. Podedes, mentres escoitades, bailar un pouquiño no sitio…

9.- Cal vos gustou máis? Poderiades inventar na casa un baile para esa canción e compartilo coa clase a través da aula virtual coa axuda da vosa familia?

10.- Gravación da proposta de coreografía da aula para:

a) Compartir en redes cos cancelos #rdc_2021 #TeusDocesCantares

b) Enviar ao mail da AELG: oficina@aelg.org e á comunidade educativa relacionada coa aula (familia, claustro docente…)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *