O Entroido
AG.- Canto sabes do Entroido en Galicia? Mira a ver se es quen de resolver este pasapalabra e despois investiga sobre elas. Podes comezar botándolle un ollo a esta guía: guía do Entroido en Galicia
AG.- Canto sabes do Entroido en Galicia? Mira a ver se es quen de resolver este pasapalabra e despois investiga sobre elas. Podes comezar botándolle un ollo a esta guía: guía do Entroido en Galicia
Moi bo traballo o do Entroido. Con respecto á guía do Entroido, dicirvos que por suposto valoro positivamente todos os Entroidos, pero no que se refire a outros Entroidos, falar do desfile do Domingo de Piñata en Lourenzá e non falar do Entroido con máis sona de toda a Mariña lucense, como é o Entroido de Foz non me parece lóxico. O desfile do sábado de Entroido é mítico: tanto pola tradición de desfilar (que este ano serían 40 anos facéndoo), polas súas comparsas: Sin xeito, Farangullas, Tas que pías, Ruxe-ruxe… que ademais despois van aos demais desfiles da Mariña (entre eles o de Lourenzá), os grupos e charangas, a cantidade de xente que desfila, que vai ao desfile…. sen esquecernos tampouco: da Cea de coroación da Raíña/Rei (á que veñen persoas de todas as comparsas da Mariña e o occidente asturiano), a cea do Xoves de Comadres, as Coplas do venres de Entroidoo Baile do farolillo o luns de Entroido (que por desgraza estase perdendo, dende o meu punto de vista), ou o satírico e ácido Touporroutou…
O dito, sen menosprezar (nin moito menos) os demais Entroidos, penso que o de Foz si que sería a representación do Entroido Mariñán.
Para rematar, 3 cousas que se repiten moito no noso Entroido: Isto é Foz e aquí hai Carnaval! E se chove… dúas voltas!! Que viva o Entroido de Foz!!!
A guía non a elaboramos nós. Foi a máis completa que atopamos. Sinto que non contemple a Mariña lucense (da cal estamos namoradas). Moitas grazas polo comentario!
Moi boa actividade!
Moitas grazas!
Adorei a actividade do Entroido
Fantástico! Moitas grazas!