Dicionario virtual castelán-galego
AG.- A editorial Rinoceronte, especializada en publicar obras traducidas ao galego, vén de facer público o primeiro dicionario dixital castelán-galego. A ferramenta, que xa se pode consultar de maneira gratuíta na súa páxina web, conta con abondosa fraseoloxía e topónimos.
Este proxecto naceu no confinamento e ao final decidiron facelo público o que lles agradecemos pois é un recurso moi útil. O seu director, Moisés Barcia di que “aínda non está completamente puído, pero aquí tendes o primeiro dicionario castelán-galego online, con sinónimos, fraseoloxía e topónimos, de acceso gratuíto para todo o mundo”. Explica tamén que “era un material de uso interno da editorial, pero pareceunos oportuno compartilo con todos”.
Para que poidades aprender o seu manexo e ver o sinxelo que é, deixámosvos este encrucillado sobre a vestimenta elaborado por Mar Hermida Pico.