XXII ENCONTROS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A integración lingüística como ferramenta de cohesión social
Nesta edición os Encontros para a normalización lingüística vanse centrar nas persoas e nos colectivos non galegofalantes de orixe, conscientes de que a integración lingüística é un factor indispensable de cohesión social. Unha integración que non será posible se non se ofrecen recursos axeitados nin se habilitan medios para que os non falantes dean adquirido a competencia necesaria na lingua propia de Galicia.
O vindeiro luns comezan os XXII Encontros para a Normalización Lingüística, adiados o pasado mes de abril. Entre o 16 e o 19 de novembro, asistiremos a debates e coloquios, á presentación de experiencias e de análises sobre a relación entre lingua e inmigración, tamén no ensino.
Cada tarde, ás 18:30h, ofreceranse sesións de debate ou coloquios en directo, tal como aparecen no programa. Só precisas acceder ao web do Consello da Cultura Galega, ou á súa canle de Youtube, para seguilos.
Dende o día 13 xa están dispoñibles as intervencións gravadas dos relatores e relatoras para que as visualices cando mellor che acaia. Desde ese momento e ata que remate a sesión en directo, podes enviar as túas preguntas a participa@consellodacultura.
Os Encontros un ano máis continúan a apoiar o valioso labor que desde ámbitos como o educativo se realiza en favor do uso e prestixio da nosa lingua.
Dende Aulas Galegas convidámosvos a aproveitar estes Encontros organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega.
Para mostra, deixámosvos un dos relatorios.