Can you see a boy?
AG.- Hoxe un sinxelo xogo gráfico que pode complementar, nunha sesión de Inglés dos primeiros cursos de Primaria, o traballo de ampliación de vocabulario sobre as persoas. Eu téñoo feito moitas veces, e os cativos quedan marabillados, como se dun fabuloso truco de maxia se tratase.
Comezo deseñando no encerado as palabras boy ou girl, logo pregúntolles: Can you see a boy? ou Can you see a girl? Deseguido, pouco a pouco, vou debuxando os diferentes trazos que a partir desas letras iniciais fan aparecer a figura do neno ou da nena. Como nos titoriais que ofrecemos abaixo. Por último, eles repiten o proceso e descobren que tamén son uns grandes magos!
Ben sinxelo e efectivo na aula. Probade!
Pingback: Can you see a dog? - Aulas Galegas