Can you see a dog?

AG.- Aló atrás, presentamos uns breves titoriais de Youtube que nos amosaban como utilizar as palabras boy e girl para debuxar un neno e unha nena respectivamente. Un enredo ben divertido e sinxelo para os primeiros niveis de Inglés.

Pois ben, hoxe completamos aquela proposta con dous novos vídeos. A técnica na aula é igual á anterior, só que nesta ocasión as palabras son do campo semántico dos animais: dog, cat, fish. Seguro que os cativos e cativas de Primaria pasan un bo anaco con este pasatempo gráfico.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *