Herbas de San Xoán

AG.- Coincidindo co solsticio de verán hoxe celebramos a festa de San Xoán. Esta festa está cargada de rituais coun denominador común: natureza, auga e lume. Na actividade de hoxe Angélica vainos falar das herbas de San Xoán e de como facer “o cacho” (auga de herbas).

Recordade, falade dos diferentes rituais que xiran ao redor desta festa (saltar as cacharelas, lavar a cara coa auga de San Xoán…). Con esta actividade a maiores de traballar a evocación de recordos tamén traballaremos a linguaxe.

Aproveitade esta tarde para dar un paseo e recoller todas as herbas necesarias para elaborar o cacho. É unha maneira entretida de facer tamén exercicio!

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *