Para xogar no verán: Minecraft
AG.- Hai videoxogos que poden ser moi didácticos, non só porque nos axuden a desenvolver competencia dixital e destrezas estratéxicas, senón porque podemos crear cousas útiles con eles.
Este é o caso do vídeo que fixo o alumno Pablo do Carmo, de 3º ESO, no que conta como será a casa ecolóxica que o seu padriño ten proxectado construír. Argumentado en clave de Bioconstrución, acaba por ser un traballo ben interesante, á parte de divertido!