O meu profe é un animal

AG.- Dende o IES de Espiñeira de Boiro poñen en marcha dende hai anos a “Semana da Fauna”. Durante esa semana o instituto énchese de proxectos relacionados co medio ambiente e os animais. É un proxecto único para estudar a situación e os dereitos da fauna con contidos adaptados a todas as materias.

Este ano non foi diferente e, a pesar da pandemia, hai Semana da Fauna. A maior parte dos departamentos deste centro implicáronse para adaptar as metodoloxías e contidos académicos de cada materia para traballar unha temática ignorada no currículo, a sensibilización e defensa dos dereitos dos animais.

Nesta ligazón podemos atopar todas as actividades que o profesorado do centro propón e os resultados deste curso. Parabéns polo traballo.

https://sites.google.com/view/semanafauna2020/obradoiro?authuser=0

Todo este esforzo foi plasmado nun blog (“O meu profe é un animal”, http://espinheira.es/animal/). O gran obxectivo deste proxecto é crear unha base de datos de material didáctico dende as diferentes materias do currículo, dispoñible para todos os centros educativos.

Como profesora deste centro, na materia de lingua castelá, este ano propuxemos unha actividade para mentalizarnos do importante que é a recollida e a adopción. As que temos animais recollidos sabemos que o encontro é sempre especial. Son sempre unha sorpresa e a historia dese primeiro encontro é digna de contar.

Esta é a miña particular. Seguro que ti tamén tes unha historia que é digna de contar.

“Como conocí a ….. Doctor Murmullos Marley”

Cómo conocía a … Doctor Murmullos Marley

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *