Letras Galegas en clave de Scratch
AG.- O Scratch é unha ferramenta de código aberto que che permite crear ou reinventar xogos con só saber un pouco de programación. Para aprender a usar Scratch, podes seguir as instrucións da plataforma Código Octopus, creada polos profes de Tecno Dani Pizarro, Peregrina Pintos e María Loureiro.
Con Scratch podes facer desde roscos de palabras ata xogos de plataformas. Xoga un pouco con estas propostas que fixo o alumnado do IESP A Cachada de Boiro para as Letras Galegas 2019, e se che gustan, bota un ollo ó código e programa algo para Carvalho Calero… Se nolo mandas, darémoslle especial difusión nas nosas redes!