Tocamos a “Muiñeira de Piadela” co ukelele

AG.- Óscar Suérez Carbia preséntanos un vídeo titorial para tocar esta fermosa peza tradicional galega co Ukelele.

Este recurso forma parte  do “Proxecto UkeCole” que se vén desenvolvendo no CEIP da Ramallosa (Teo). Tedes o vídeo para seguir e tocar a muiñeira.

Deixámosvos debaixo o vídeo titorial para que practiquedes e nestoutra ligazón, pero xa para experimentados frautistas, deixamos a partitura para que poidades tocar coa frauta a melodía.  Reparade que a muiñeira está tocada en SOl M!

Coma sempre e se queres, podes deixarnos a túa interpretación nos comentarios ou no correo aulasgalegasmúsica@gmail.com


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *