Atopa o número!

AG.- Nesta actividade propoñemos que repasedes o voso cálculo mental e a descomposición de números en decenas e unidades. Ademais, estades de sorte! Só precisades rotuladores e tapóns (ou anaquiños de papel). Podedes xogar dúas, tres, catro, cinco ou máis persoas. Tamén está permitido practicar a vosa velocidade de cálculo sós!

Instrucións para a elaboración dos materiais:

  • Nos tapóns vermellos escribiremos o número 10 (que representa unha decena)
  • Nos brancos poñeremos os números do 1 ao 9 de xeito repetido (varios números 1, varios 2, etc.)
  • Noutros haberá números aleatorios, do 10 ao 99 e situarémolos cara a abaixo no taboleiro de xogo.

Deixamos un exemplo que explica a proposta da mestra Rebeca Palmeiro.

Imagen de Coco Zinva en Pixabay

 

 

 

 

 

 

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *