O teu programa de radio. Titorial 1. A idea.
AG.- Por que non te animas a facer un programa de radio desde a túa casa? Iso axudarache a sentirte vencellado ou vencellada coa comunidade e, ademais, será unha actividade moi divertida.
Imaxinas o teu avó, a túa tía, os teus irmáns, a túa nai… escoitándote como locutor/a de radio?
Nos próximos días irémosche deixando os pasos que debes seguir para elaborar un programa radiofónico desde a casa.
Este é o primeiro paso: ter unha idea. Cóntacho, Soledad Cuba, do equipo de radio do IES de Teis.
Pingback: O teu programa de radio. Titorial 2. A gravación. - Aulas Galegas