Especial Letras Galegas 2021: Xela Arias

AG.- A seguinte recompilación de recursos foi realizada por Mar H. Pico e Pilar Ponte para Aulas Galegas.

Esta entrada irase actualizando ao longo dos días cos diferentes materiais que vaiamos atopando, se coñeces algún material que non estea incluído, podes deixalo en comentarios ou envialo a aulasgalegaslinguagalega@gmail.com. Moitas grazas.

Aquí podes atopar: artigos, exposicións, música, páxinas web, poemas, videopoemas, vídeos e xogos.

Actividades

Xela a diario. Voces amigas. Proxecto radiofónico organizado polas bibliotecas municipais de Redondela e dirixido por Ana Facchini. Na ligazón poden escoitarse todos os programas e actualizarase cada día. É un programa diario desde o 3 ao 17 de maio.

Artigos

Arredor de Xela Arias e a tradución. Agrupación cultural Alexandre Bóveda.

Entrevista de Manuel Rivas a Xela.

Intervención da escritora nun congreso literario en 1991.

Xela Arias: escritora cubista. Manuel Bragado escribe este artigo no Faro de Vigo.

Xela Arias ao teléfono. No Portal das Palabras, Allos con bugallos.

Exposicións

Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2021

Libros

Xela Arias. Palabra á intemprie. Enma Pedreira e Laura Romero.

Música

Canto sei! Videoclip do alumnado de 4º e 6º de primaria do CEIP Carballal de Marín. Pódese visitar tamén o seu blog O recuncho de Tambo para ver o proceso de creación.

Darío a diario. A banda da Loba.

Denuncia do equilibrio. A Banda da Loba.

E hame custar. Poema blues. Germán Son.

Hasme oír. A Banda da Loba.

Intempériome. Rock poético, Germán Son.

Irás dirás virás. Clara Pino e Pablo Vidal póñenlle música a este poema pertencente a Tigres coma cabalos de Xela Arias con fotografías de Xulio Gil.

Non é xusto. César Morán.

Onde canta a poeta. Fernando Abreu fala do diálogo da música coa poesía de Xela Arias.

Tigres coma cabalos. Margarida Mariño, violonchelista, ponlles música e voz a versos da autora.

Xela Arias. A canción. Samuel Soto Macia compón esta peza coa vida e obra de  Xela. E tamén a podemos atopar en pictogramas.

Páxinas web

AELG. Web da Asociación de Escritores en lingua galega que recompila abundante documentación sobre a autora.

Letras galegas 2021. Web da RAG que recompila numerosa información sobre Xela Arias.

Primavera das Letras. Páxina web da RAG dedicada á autora homenaxeada.

Xela Arias. Álbum de Mulleres de CulturaGalega

Poemas

Outras voces para as Letras de Xela. Olga Novo. Homenaxe audiovisual a Xela Arias en quince entregas. O seu legado para a cultura galega do noso tempo preséntase aqui a través de lecturas, interpretacións e reflexións biográficas de familiares, escritores e escritoras, artistas e persoas anónimas.

Videopoemas

Abato – Poema de Xela Arias. Videopoesía realizada en colaboración con Antía Otero para a “Xornada Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século”, un evento realizado polo Consello da Cultura Galega o 26 de Marzo de 2014 en Santiago de Compostela.(Duración: 2’41”)

Acróstico. Vídeoacróstico de Teresa Iglesias co nome e apelidos da autora e cunha reflexión sobre a igualdade.

Denuncia do equilibrio, Xela Arias. Videopoema. Un traballo Lara Boubeta videocreación de Cultura Audiovisual , bacharelato. OSOliño Films. IES María Soliño, Cangas do Morrazo. (Duración: 0’57”)

Intempériome, Xela Arias. Videopoema. Un traballo de Maria Amigo de Cultura Audiovisual , bacharelato OSOliño Films. IES María Soliño, Cangas do Morrazo. (Duración: 0’37”)

Vide – Poema de Xela Arias. Videopoesía realizada en colaboración con Antía Otero para a “Xornada Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século”, un evento realizado polo Consello da Cultura Galega o 26 de Marzo de 2014 en Santiago de Compostela.
Vídeo creado con la luz solar, espejos y recortables. Sin uso de programas de composición ni efectos especiales. (Duración: 1’33”)

Videocreación Poema Xela Arias. Videopoema. Un traballo de Lucas Gonzalez de Cultura Audiovisual , bacharelato. OSOliño Films. IES María Soliño, Cangas do Morrazo. 2021. (Duración: 1’08”)

Xela Arias. Videopoema. Un traballo de Ana Pena de Cultura Audiovisual , bacharelato OSOliño Films. IES María Soliño, Cangas do Morrazo. 2021. (Duración: 0’47”)

Xela Arias. Videopoema. Un traballo de Sarai Fernandez e Raúl Valladares , bacharelato. OSOliño Films. IES María Soliño, Cangas do Morrazo. 2021. (Duración: 0’58”)

Xela Arias. Videopoema. Un traballo de Iker Dacosta de Cultura Audiovisual , bacharelato OSOliño Films IES María Soliño, Cangas do Morrazo. 2021. (Duración: 1’57”)

Vídeos

A Idea Primaria é Esnaquizalo a Cabezadas – A Idea Primaria é Esnaquizalo a Cabezadas, é un proxecto que abraza o espírito inconforme de Xela Arias e o seu pulo por facer da poesía unha arma viva. Xela escribiu poemas como quen xoga a quitar pezas dunha torre, comprobando cantas pode retirar sen que caia. É alí, nese lugar precario, onde nos colocamos, recollendo o seu impulso de experimentación e poñendo en diálogo poesía, artes performativas e artes do movemento. Alí onde ‘non hai idioma abondo para recoñecérmonos’ poñemos o corpo ao servizo das súas imaxes e abrazamos as imposibilidades e contradicións que xorden deste encontro. Voces: Xela Arias + María Llandera. (Duración: 3’30”)

Avance do Telexornal Xela Arias. Avance do Telexornal Xela Arias realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices, Rois. (Duración: 2’20”)

Darío Gil Arias – Xela Arias. Onde canta a poeta. Darío Gil Arias – Letras Galegas 2021. Darío Gil Arias, fillo de Xela Arias, recita un poema de ‘Darío a diario’ (1996), o libro que a autora lle dedicou cando era só un bebé. O vídeo forma parte da serie de micropezas ‘Xela Arias. Onde canta a poeta’, unha produción da Real Academia Galega no marco da programación do Día das Letras Galegas 2021. A Academia produce ademais a serie documental ‘Xela Arias. A palabra esgazada’, tamén dispoñible en Youtube. (Duración: 0’43”)

INTEMPÉRIOME Xela Arias (Rock poético). Germán Son. (Duración: 3’43”)

Lois Arias Castaño – Xela Arias. Onde canta a poeta – Letras Galegas 2021. Lois Arias Castaño, irmán de Xela Arias, le un fragmento do conto “A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia”. O relato que escribiu a protagonista do Día das Letras Galegas 2021 aos 11 anos mereceu o primeiro premio do VI Concurso de Contos Infantís O Facho (1973). ‘Xela Arias. Onde canta a poeta’ é unha serie de micropezas producidas pola Real Academia Galega dentro da súa programación audiovisual das Letras Galegas 2021, que inclúe tamén a serie documental de seis capítulos ‘Xela Arias. A palabra esgazada’, dispoñible nesta mesma canle de Youtube. (Duración: 2’30”)

María Xesús Nogueira – Xela Arias. Onde canta a poeta – Letras Galegas 2021. María Xesús Nogueira, responsable da edición ‘Xela Arias. Poesía reunida (1982 -2004)’ , aborda tres claves da obra poética da autora á que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2021: o cuestionamento da orde establecida, a indagación e a experimentación. ‘Xela Arias. Onde canta a poeta’ é unha serie de micropezas producidas pola Real Academia Galega dentro da súa programación audiovisual das Letras Galegas 2021, que inclúe tamén a serie documental de seis capítulos ‘Xela Arias. A palabra esgazada’, dispoñible nesta mesma canle de Youtube. (Duración: 1’52”)

María Xesús Nogueira: Xela Arias. Onde canta a poeta. A responsable da edición ‘Xela Arias. Poesía reunida (1982 -2004)’ , aborda tres claves da obra poética da autora.

Primavera das Letras. A Real Academia Galega presenta edición do proxecto Primavera das Letras dedicado a Xela Arias, protagonista do Día das Letras Galegas 2021, no CEIP Sárdoma-Moledo (Vigo), onde estudou a poeta, tradutora e editora. Intervencións: Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Fina Casalderrey, académica; Lois Arias Castaño, irmán de Xela Arias; Darío Gil Arias, fillo de Xela Arias; Pilar Vila Nieto, director do CEIP Sárdoma-Moledo; e alumnado do colexio. (Duración: 6’56”)

Víctor F. Freixanes. Xela Arias. Onde canta a poeta. Día das Letras Galegas 2021. O académico Víctor F. Freixanes presenta a serie de micropezas ‘Xela Arias. Onde canta a poeta’, unha produción da Real Academia Galega no marco da programación do Día das Letras Galegas 2021. (Duración: 1’21”)

XELA ARIAS – Día das Letras Galegas 2021. Anuncio de LinguaGalegaTV. (Duración: 0’32”)

XELA ARIAS – E hame custar (Poema blues). Germán Son. 2021. Un blues homenaxe a Xela Arias, letras galegas 2021, que na súa obra poética fai referencia varias veces a este estilo de música. A letra principal está tomada do libro Dario a Diario. https://germanson.bandcamp.com/ (Duración: 3’06”)

Xela Arias. Letras Galegas 2021. Vídeo de Profe Mirian. (Duración: 1’53”)

Xela Arias – Non te amola! – Booktrailer feito para “Non te amola! “, libro inédito de Xela Arias ,editado por GALAXIA na colección libros para compartir e ilustrado por Luz Beloso, que ademais conta coa música orixinal realizada polo artista Xulio Abal. 2021. (Duración: 1’34”)

Xela Arias, unha aproximación á súa obra e vida. Relatorio desde a ollada experta de Chus Nogueira (ensaísta, crítica e profesora da USC). Vídeo para II Feira Virtual do Libro de Galicia FLIV21. Marzo, 2021. (Duración: 44’52”)

Xela Arias. A palabra esgazada. Serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021 composta por 6 capítulo breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora. (Duración: 12’12”)

Xela Arias. Letras Galegas 2021. Xerais. Booktrailer das obras presentadas por Xerais neste ano 2021 dedicado Xela Arias. (Duración: 2’36”)

Xela Arias. Palabra a intemperie – Emma Pedreira e Laura Romero. Presentación do libro de Emma Pereira e Laura Romero “Xela Arias. Palabra a intemperie” editada por Baía Edicións, que tivo lugar na nosa libraría o 6 de abril de 2021. (Duración: 56’16””)

Xela e a palabra. Audiovisual realizado por Illa Bufarda. Vídeo que aborda o traballo de tradución e edición da poeta, homenaxeada na “Xornada: Xela Arias e Luísa Villalta: letras, interartes, proxectos na fin de século” organizada polo Consello da Cultura Galega en marzo de 2014. (Duración: 16’12”)

Xogos

Autodefinido de Xela Arias. Carlos Medrano en AG.

Descubrindo a Xela. Alba Carril e Ana Sánchez Sanmartín tráennos este fantástico xogo.

Os segredos de Xela. Noemí García e Belén Martín Franco son as autoras desta Sala de fuga especial Letras Galegas 2021.

Pílulas de Xela Arias.  Compilación do teacher Gonzalo de diversos Genially.

Ruleta alfabética Xela Arias. Biblioteca do IES San Paio, recurso de Amalia P. Otero.

Xela Arias. Burbullas Pt.

Xela Arias Presentación da biblioteca do CEIP López Ferreiro.

Xela Arias. Presentación do CEIP da Rabadeira.

Xela Arias. A súa obra. Kahoot! de ogalego.eu.

Xela Arias. A súa vida. Kahoot! de ogalego.eu.

Xela Arias. A tradución. Seminario Galán.

Xela Arias. Biografía. Seminario Galán.

Xela Arias. Un conto. Seminario Galán.

 


3 comentarios en «Especial Letras Galegas 2021: Xela Arias»

  • 9 Maio 2021 ás 10:28
    Ligazón permanente

    Bo día:
    Antes de nada, parabéns pola iniciativa e moitas grazas por todo este material. Precisamente eu son coautora da sala de fuga “Os segredos de Xela” (o meu nome aparece ao final do xogo) e non o puxestes. Creo que a miña compañeira Noemí García vos escribiu para que o engadísedes e tamén para que corrixades o seu apelido (figura como Noemí Rodríguez).
    Agradeceriámosvos, logo, que mudedes eses pequenos erros.
    Un saúdo e de novo, bo traballo! Moi útil.
    Belén

    Resposta
    • 9 Maio 2021 ás 17:52
      Ligazón permanente

      Moitísimas grazas Belén polas indicacións e polo traballo, xa o corriximos inmediatamente, desculpas polo erro. Pilar Ponte

      Resposta
  • Pingback: XELA ARIAS – Aula de Literatura

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *