Ruleta alfabética de Xela Arias
AG.- Desde o equipo da Biblioteca do IES San Paio queren compartir este xogo virtual (Educaplay), da autoría de Amalia P. Otero. Trátase dunha ruleta alfabética (tamén coñecida como «pasagalego») sobre acontecementos, obras e vida de Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.
E ademais, en dúas versións:
Aquí coas definicións en texto escrito.
Aquí coas definicións en audio.
Seguro que ha de aproveitarse ben o recurso estes días!
Pingback: Especial Letras Galegas 2021: Xela Arias - Aulas Galegas