Como elaborar un maio na casa

AG.- Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia.

Nestes días moitos/as de nós estariamos na procura de fiúncho, flores, musgo, carrabouxos… para preparar o noso maio, así como elaborando coplas cheas de crítica social. Esta festividade está moi presente nos maiores, especialmente naqueles que residen en localidades como Redondela, Ourense, Pontevedra, Marín, Vilagarcía…

A proposta de hoxe é seguir mantendo viva a tradición dos maios a través da memoria dos maiores. Aproveitade para contarlles aos vosos netos/as, fillos/as como viviades esta festividade, que se cadra é distinta, ou non, a como se vive na actualidade.

Deixámosvos tamén uns vídeos onde Alba vainos explicar como facer un maio con material de refugallo e outro da maneira tradicional adaptado ao confinamento. Animádevos a facer o voso en familia!. Non vos esquezades de deixarnos o voso resultado en comentarios ou en aulasgalegasmaiores@gmail.com .

 

Podedes atopar máis artigos sobre os maios dentro de Aulas Galegas nestes enlaces:

 


2 thoughts on “Como elaborar un maio na casa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *