Cantamos os maios con Habelas Hainas

AG.- Rematado abril chega o mes dos maios e o grupo Habelas Hainas preséntanos un recurso audiovisual deseñado por elas coa colaboración do alumnado do CEIP Apóstolo Santiago e Semente Compostela Escola de Ensino Galego sobre a recuperación da festa dos Maios no Barrio de San Pedro (Compostela).

 

Aquí tedes a letra do vídeo

Ao redor desta proposta faremos varias actividades:

1.- Elaborar/deseñar un maio-cabana na casa cos materiais que atopemos (xestas, fiúnchos, cartolina, follas, teas…)

Maio 1

2.- Aprender un dos RITMOS tradicionais dos Maios con 2 pauciños de madeira que haxa pola casa.

           TA-TITI-TA-TA

3.- Cantar/tocar/danzar unha versión do maio 1 de Habelas Hainas acompañado:

*Con pequena percusión (pauciños madeira, axóuxeres, instrumentos varios construídos con material de refugallo…)
*Creando xestos (danza expresiva-falada) para cada unha das accións e nomes máis significativos interpretando a letra.

Pra facer os maios
Temos que coller
Un feixe de flores
E algo que dizer

Maio 2

1.- Crear coplas para facer un maio reivindicativo co que está a acontecer ou como o está a vivir cadaquén por equipas/parellas/aulas… Como estás vivindo este maio. Diferentes estilos, regueifa, rap, trad, electrónica…

Maio Maio chega a ….(o teu barrio, vila, aldea, casa….)
Vén con flores, fiúnchos e fentos,
Maio, Maio entra no barrio
Bótennolo COVID, señores…

Enviar versión a habelas.hainas@hotmail.com para editar un vídeo conxunto coas achegas e tamén podedes deixalas nos comentarios ou envialas tamén a aulasgalegasmusica@gmail.com

Podedes atopar máis artigos sobre os maios dentro de Aulas Galegas nestes enlaces:

 


2 comentarios en «Cantamos os maios con Habelas Hainas»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *