CANTÁDEME UN MAIO

AG.- A grave crise sanitaria que estamos a atravesar fai que este ano non poidamos celebrar a festa dos Maios na rúa. O domingo día 3 de maio, se che presta, publica na rede as coplas (letras ou vídeos cantándoas) e as fotos dos Maios feitos co material que teñas na casa. Emprega o cancelo #CantádemeUnMaio nas túas publicacións. Esa iniciativa quere dar a voz a un elemento da nosa oralidade, da nosa cultura, que pide que non a canceles.

#CantádemeUnMaio non terá carácter competitivo, aínda que si contará cun concurso de coplas moi “especial”.

Os colectivos e persoas que tomamos parte desta tradición facemos un chamamento para vivila desde a casa.

A iniciativa

https://www.facebook.com/cantademeunmaio/

Podedes atopar máis artigos sobre os maios dentro de Aulas Galegas nestes enlaces:


2 comentarios en «CANTÁDEME UN MAIO»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *