8 M
AG.- Cada ano sabemos de máis mulleres que fixeron algo por primeira vez ou que cambiaron o que sería o noso presente. Elas loitaron e nós debemos traballar non para coñecer quen foron, senón para que todos saiban que tanto unha muller coma un home poder facer cousas moi grandes.
Aquí deixamos todo o material que se preparou para que poidades traballar este día.
Por unha banda Milha fálanos de mulleres cos pés na terra e de mulleres polas nubes, sabes quen son?
Tamén preparou unhas actividades para traballar robótica.
Facendo clic sobre o título dos documentos ábrense os arquivos para a súa descarga.
Alba de creando en especial preparou tamén material para darnos a coñecer mulleres que crearon historia e preparou actividades da Teoría da Mente.
DÍA DA MULLER – TEORÍA DA MENTE, PERSUASIÓN
Para rematar temos un xogo para ver canto aprendemos.