Rosalía viaxeira

AG.- Desde o IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia achégannos o seguinte:

“Febreiro é un mes intenso de emocións sempre porque o noso día a día vese envolto polos versos de Rosalía de Castro de cara ao día 23, para poder render homenaxe como merece á nosa poetisa.

Este curso nace o proxecto Rosalía Viaxeira, como primeira actividade, coordinada polos EDLG do IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioquía e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a rapazada sairá a pegar uns paneis pola vila onde a cidadanía poderá conectar coa poesía da escritora a través da súa música. Deste xeito, o que non queira ler os versos de Rosalía pode cun clic no seu móbil escoitar a versión musical que lles ofrecemos a través dun código QR.

Pareceunos unha idea exitosa ligar tecnoloxía e música para facer rexurdir os versos da nosa escritora e que puideran chegar a un público amplo.”

Podedes ver o desenvolvemento desta actividade tan chula na seguinte lizagón: antelafala.blogspot.com

E Loli Cid Cid achéganos este Genially para completar a actividade. Grazas!!!!

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *