Rapeamos con Rosalía

AG.- Xa está aí, á volta do Entroido, a celebración do Día de Rosalía. No Fogar de Santa Margarida, como proxecto do primeiro trimestre, o alumnado de sexto de Primaria preparou a gravación dun rap a partir do poema «Adiós ríos, adiós fontes». Xa existían outras iniciativas similares pola arañeira, mais esta é a pequena (grande) contribución dos cativos e cativas do Fogar á festa da nosa poeta máis universal.

Todos colaboraron: rapeiros e rapeiras que cantaban, ilustradores e ilustradoras para os debuxos e tamén especialistas en lettering que axudaron cos textos. Un gran traballo en equipo!

Esperamos que vos guste e, se cadra, sirva para animar máis rapazada a intentalo. Pasámolo moi ben!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *