PEDRO CHOSCO

AG.- Proposta de Carmen Bello e María Luz Delgado.

Pedro Chosco é un trasniño moi popular entre os pequenos de Galicia e Asturias. Trátase dun ser moi silencioso, xeralmente represéntase coma un homiño de barba branca, adoita ser de xeitos doces e diseque a súa voz é grave e que se encarga de durmir aos nenos con suaves caricias  e arrolos.

Os/as nenos/as ven ao trasniño chamado Pedro Chosco cando están cansos despois de todo un día de xogos, pero aínda desexan prolongar un pouco máis o día. Cando chega o anoitecer, os pequenos están xa rendidos e teñen un ollo pechado e o outro case non o poden abrir.
Aos nenos galegos e ástures seguro que algunha vez lles dixeron ao ver que chega a hora de ir buscar a calor das sabas na cama e xa caen de sono, mentres os levan ao cuarto: Xa anda por aí Pedro Chosco?
É unha metáfora do sono, un trasniño que evolucionou moito coa fantasía dos maiores, en especial os pais e avós que se encargan de adornar as historias arredor do trasno para os máis pequenos.
De carácter sempre amable e de voz doce e moi pausada, dise que os seus arrolos son máxicos e teñen o poder de durmir a quen os escoita. Tense pola representación do sono e dise que é grande a súa amizade cos nenos de todo o mundo.

http://lacunademagni.blogspot.com/ (adaptación)

Podes descargar aquí a proposta en PDF

Pedro chosco é meu amigo
que me vén a visitar.
Cando Pedro Chosco vén
horas son de me deitar.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *