Kahoot para aprendizaxe do galego

AG.- Para estes días finais do curso 2021-2022, se cadra pode ser útil coñecer e manexar algúns recursos lúdicos da arañeira. En concreto, queremos presentarvos unhas cantas mostras dun dos xogos en liña de moda: kahoot. Todas elas aplicadas á materia de Lingua Galega e Literatura. Están recollidas na web ogalego.eu, de Anxo González Guerra e Victoria Ogando.

A premisa de Kahoot é ofrecer unha proba ou enquisa que os estudantes poden responder a través de calquera dispositivo que teña un navegador web. Para participaren, só necesitan visitar Kahoot.it e, deseguido, introducir o código PIN que se lles dá para que se unan á actividade. Unha gran ferramenta que permite incorporar a emoción á experiencia de aprendizaxe, a través da mecánica do xogo, da música e do diseño visual.

Coa serie de pasatempos que se recollen en ogalego.eu é posible traballar contidos como: o xénero dos substantivos, a posición do pronome átono, os pronomes te – che, a acentuación, fraseoloxía ou a vida e a obra dos últimos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *