Crea un Pasapalabra con Genmagic
AG. Neste titorial vas aprender como elaborar un xogo de Pasapalabra en Genmagic.
Nesta páxina podes atopar xogos deste tipo en galego coma este. Preme na imaxe para ir ao xogo.
Nesta imaxe podes ver algúns dos que xa están na páxina.
Aquí podes ver todos os pasapalabras en galego que teñen na súa páxina e de diferentes materias.
Lembra:
- Respectar o alfabeto galego.
- Elaborar o contido textual previamente nun documento de texto.
- Poñer Comeza co + letra ou Contén o + letra antes da definición.
- Pasarlle o corrector ao texto que vaias inserir antes de comezar co proceso de elaboración dixital en Genmagic.
- Buscar unha imaxe libre de dereitos que estea colgada na rede. Copiar o enderezo da imaxe, non da páxina na que aparece.
- Enviar o arquivo descargado por correo a genmagic@gmail.com