Pasatempos rosalianos

AG.- Está ao caer o 23 de febreiro, Día de Rosalía. Cada ano gaña máis forza a celebración e xa corren pola rede un bo número de propostas para celebralo.

Desde Aulas Galegas achegamos un modesto recurso en forma de PDF fotocopiable: «Pasatempos rosalianos». Como o seu nome indica, contén unha pequena serie de pasatempos (encrucillado, sopa de letras, salto do cabalo…) para facer un achegamento lúdico á fígura de Rosalía de Castro e aos seus textos.

Os pasatempos teñen diferente nivel de dificultade e, no seu conxunto, están recomendados para o terceiro ciclo de Primaria e para Secundaria. Despois dunha mínima presentación (ou investigación) previa sobre a vida e a obra da nosa poeta universal, suxerimos traballar os pasatempos en grupos e de forma cooperativa.


Un comentario en «Pasatempos rosalianos»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *