Campo Electrostático Vectorial Cor e liñas de forza

AG.- Moisés López Caeiro do CPR Santa María do Mar comparte  unha serie de simulacións interactivas de Física e de Matemáticas que serven tanto para facer unha demostración maxistral como para que o alumnado interaccione e manipule as condicións do simulador e así experimentar distintas situacións. Non hai perigo de que se borre ou modifique a versión orixinal. O alumnado poderá facer copias e modificalas na súa propia conta de Desmos.

Premede na imaxe para acceder ao recurso.

Nesta simulación poderase experimentar co campo electrostático xerado por dúas cargas puntuais. Representa as liñas de campo, o mapa vectorial do campo, cun degradado de cor en función da intensidade e as superficies equipotenciais.
Podes arrastrar as cargas para reconfigurar a distribución. Podes tamén arrastrar os sensores para medir o potencial e o campo electrostático en cada punto. Os datos son reais e tabulados no sistema internacional de unidades, é dicir, pódese configurar cos datos dun problema de electrostática.
Podes cambiar manualmente o valor das cargas dentro do cartafol chamado “Cargas nC – Charges nC”.
Na área lateral esquerda pódense configurar varios deslizadores:
A_{fl} Activar niñas de campo (0: non 1: si)
A_{vfm} Activar Campo vectorial Mapa (0: non 1: si 2: con frechas)
A_{elsh} Activar liñas equipotenciais (0: sen liñas 1: liñas 2: sombreado)
A_{svf} Activar Sensores (0: Valor do Potencial 1: Vector Campo 2: liña equipotential do sensor)
A_{q} Activar cargas (0: non 1: si) Agocha o cartafol de cargas para ocultar todo
A_{bck} Activar fondo escuro (0: non 1: si)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *