Sopa de letras de científicas galegas
AG.- Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, animámosvos a coñecelas un pouco mellor.
Localiza o primeiro apelido de científicas galegas nesta sopa de letras, despois de gozar da magnífica ilustración de Luz Beloso.
Para facilitar a tarefa ímosche dar dez pistas sobre estas científicas e propoñémosche facer un mural coas súas fotografías que terás que realizar en Canva. Anímate a probar!
Sobre as científicas
- Esta oceanógrafa, zoóloga e profesora foi a primeira muller en participar como científica nun buque de investigación oceanográfico británico.
- Química, Farmaceútica e Matemática, foi a primeira muller que defendeu unha tese de Astronomía en España.
- Enfermeira que levou a vacina da varíola a Hispanoamérica.
- Mestra ferrolá que patentou o primeiro libro electrónico.
- Primeira muller licenciada na Universidade de Santiago de Compostela
- Esta matemática coruñesa traballou na álxebra de Lie.
- Farmacéutica e química que realizou importantes estudos da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona húmida e temperada de España e do aproveitamento de materiais orgánicos residuais como fertilizantes.
- Catedrática de Microbioloxía da USC que é unha autoridade internacional nas patoloxías dos peixes con aproveitamento acuícola.
- Astrofísica viguesa que participou na posta en marcha do gran telescopio espacial James Webb da NASA
- Farmaceútica galega que logrou obter, por primeira vez na historia, unha bolsa de estudos no estranxeiro. E destacou como enóloga e na industria farmacéutica. Desenvolveu o primeiro deterxente líquido que se comercializou en España.
- Bióloga que dirixe o grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), e é unha autoridade na investigación do cancro de pel.
Deixamos o pdf para que podades usala nas aulas. SOPA DE LETRAS MULLERES CIENTÍFICAS GALEGAS
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) organiza a terceira edición da Masterclass de Física de Partículas dirixida ás alumnas de bacharelato o próximo venres 11 de febreiro. Podes inscribirte desde esta ligazón.