Exposición itinerante Labarta Pose

AG.- O CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida da Coruña acolle desde o pasado 8 de febreiro unha exposición itinerante sobre a vida e obra do escritor Enrique Labarta Pose (1863-1925)

A mostra, composta por seis paneis con fotografías históricas e con textos explicativos sobre a vida e obra do autor baiés, é unha máis das diversas actividades realizadas dende hai máis de vinte anos para reivindicar a concesión do Día das Letras Galegas a Labarta.

Alumnos e alumnas de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional visitarán durante as dúas semanas próximas a exposición e traballarán sobre o autor a través de diferentes propostas didácticas: recitado de textos, sopas de letras e autodefinido labartianos; ademais dun cuestionario específico elaborado por Ricardo Vigueret Gil, docente do IES Maximino Romero de Lema.

A exposición sobre o chamado Quevedo de Galicia sae así por primeira vez do concello de Zas e está dispoñible, xunto coas propostas asociadas, para seren aproveitadas por outras institucións ou centros educativos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *