Chegou o Samaín
AG.- Non podería ser doutra forma, aquí estamos cunha variedade de actividades para o Samaín.
Sabedes desde que ano se celebra o Samaín en Galicia? Moita xente segue a pensar que é unha tradición de América, pero eu convídovos a buscar información.
Despois da pescuda, podedes mergullarvos na recompilación de música que nos preparou Beatriz Doval, Bea, que tamén nos achega estes xogos pensados para traballar vocabulario pero, sobre todo, a atención, a percepción visual e o aumento da concentración e a observación.
Aquí tedes o xogos, pero non deixedes de ler máis abaixo, onde teredes a recompilación de música e este magnífico CHEGOU O SAMAÍN descargábel
Un pouco de música
Imaxe destacada da propia actividade de Bea Doval Pociña