A caza de bruxas en Europa

AG.- Aló por 2019 a artista muxiá Viki Rivadulla presentaba a súa exposición Bruxa!; un proxecto artístico  sobre a violencia contra as mulleres e que reivindica a súa liberdade. Fala sobre as mulleres e a represión patriarcal agachada tras a queima de bruxas (partindo das teses de Silvia Federici) e que a autora mantén que segue vixente a día de hoxe baixo formas como poden ser estratexias de silenciamento de mulleres empoderadas (nos ámbitos científico, artístico, empresarial, social etc…) , estratexias de linchamento mediático ou estratexias de banalización e normalización da violencia contra as mulleres.

Na mesma liña e desde a compañía de teatro Aporía Escénica chégannos estes vídeos de Soga e Sinsa sobre a caza de bruxas nos séculos XVI, XVII e XVIII. Esta obra de teatro é un tríptico renacentista que aborda a caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Estes vídeos didácticos duns 6 minutos de duración serven para reflexionar sobre o ocorrido. Están dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato e poden utilizase tanto nas clases de lingua como de filosofía ou historia.

1º vídeo: manipulación e distorsión: o arquetipo patriarcal da bruxa.

 

 

2º vídeo: unha realidade perversa: xuízos torturas e intereses económicos.

 

3º vídeo: a nova disciplina capitalista do traballo: misoxinia e represión


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *