Conditionals in songs

AG.- Queremos rematar este curso con música. A profesora Luana BR proponche analizar as oracións condicionais en catro cancións diferentes: “If I were a boy” de Beyoncé, “Count on me” de Bruno Mars, “If” de Red Hot Chili Peppers e “Chasing cars” de Snow Patrol. Por medio destas actividades, poderás repasar as diferentes estruturas ao mesmo tempo que gozas da música.

A sección de inglés en secundaria de Aulas Galegas queremos despedirnos desexándovos un verán máis “normal” que o anterior. Pola nosa banda, seguiremos a traballar arreo para poder achegarvos novos recursos o vindeiro curso. Que pasedes unhas estupendas vacacións!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *