O peto de Loreto- Contos Vivos
AG.- O profe Rubén Molinero tráenos outra fantástica proposta dos “Contos Vivos”. No CEIP de Balaídos o equipo de Dinamización Lingüística xunto co equipo de Tecnoloxías de Información e Comunicación (TICs) deseñaron este fermoso proxecto de creación de contidos relacionados con contos en galego onde o alumnado é o protagonista desta creación.
A idea deste proxecto é que a narración ou lectura de contos non quede aí, senón que sexa o punto de partida para crear e interaccionar con outro tipo de recursos que faciliten o desenvolvemento da competencia lingüística en lingua galega.
Agardamos que vos guste tanto como a nós!