Receita de ovos de dinosauro ou dragón
AG.- Que xa queda moi pouco profes! Moito ánimo nesta recta final!
Aquí vos deixamos unha proposta de Tania García Ruibal estupenda para estes días:
Para facer os ovos imos precisar:
- Un ovo cocido.
- Unha bolsiña de plástico.
- Colorante alimentario.
- Auga.
Pasos a seguir:
- Cocemos os ovos.
- Introducimos o ovo, coa casca, nunha bolsiña de plástico.
- Na bolsa poñemos unhas pingas de colorante e un pouco de auga.
- Masaxeamos o ovo coa mestura.
- Deixamos dentro da bolsa uns 15 minutos.
- Lavamos o ovo e deixamos secar.
- Pelamos.
A xogar!!!!
Esta obra ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional.