Ciencia na casa
AG.- Ciencia na casa é unha nova serie de vídeos destinados aos máis pequenos e primeiros cursos da ESO para iniciarse na investigación e a experimentación científica. Cada vídeo trata diferentes temas relacionados co medio ambiente como o cambio climático ou curiosidades sobre as propiedades físico-químicas na contorna da rapazada. Aí podemos desenvolver un experimento que se pode realizar na casa ou no laboratorio do centro; desencadeado pola necesidade de dar resposta a unha pregunta ou curiosidade científica. Unha vez obtidos os resultados, explícanse en relación ao currículo de Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química con axuda de animacións. En todos os vídeos vese a alternancia dun profesor e unha profesora de ciencias, resaltando a necesidade de colaboración entre ambos e achegando un modelo de paridade.
Desenvolto por Xacobo de Toro Cacharrón e Aida Alvela Louro.