Entrevista do CEIP Apóstolo Santiago ao grupo A Banda da Loba

AG.- Neste terceiro trimestre queremos compartir proxectos fermosos que, a pesar da pandemia, puideron ser posibles.  Desta forma, queremos achegar un gran traballo elaborado por alumnado de 3º e 4º do CEIP Apóstolo Santiago.

Coa intención de poñer en valor as iniciativas feministas e emprendedoras da nosa cultura actual,  realizamos unha entrevista ás integrantes de A Banda da Loba, que se prestaron sen pensalo e con todas as ganas e enerxías.

Nesta ocasión tivo que ser a distancia, polo que agradecemos a gran colaboración da banda. Tamén temos que agradecer á mestra Eva Álvarez o seu apoio técnico posto que foi unha peza esencial na montaxe e edición.

Parabéns á Banda da Loba pola súa andadura musical e por servir de inspiración ás novas xeracións!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *