Unha de espías e volframio
AG.- A explotación do volframio das minas galegas, as labores de espionaxe e contraespionaxe a cargo da Alemaña nazi e dos aliados, o papel colaboracionista do goberno español coas potencias do eixe camuflado na suposta neutralidade ou na política de non belixerancia xa foi tratado en diversos textos de carácter histórico e novelístico.
Hoxe presentamos unha obra que trata estes mesmos temas mais no formato de banda deseñada, iso é Wolfram. Espías, nazis e maquis de Alberto Varela Ferreiro (Xerais, Vigo, 2020, 87 pp.)
Propomos a lectura deste texto aplicando o que sabes sobre as narracións en viñetas:
-
Identifica elipses narrativas (saltos temporais entre viñetas)
-
Localiza algúns dos diferentes tipos de plano:
-
xeral
-
enteiro
-
americano
-
medio
-
primeiro plano
-
plano de detalle
-
-
Pon exemplo de viñetas con ángulo de visión:
-
horizontal
-
en picado
-
en contrapicado
-
-
Busca exemplos de onomatopeas e signos cinéticos.
Boa lectura e bo traballo!