Catálogo de Fauna Galega
AG.- Belén Lorenzo Arenal comparte con Aulas Galegas o Catálogo de Fauna Galega que ten feito para o espazo Abalar. Nel recolle a fauna galega existente e contempla plans de recuperación para as especies en perigo de extinción e plans de conservación para as vulnerables.
Un recurso imprescindible na aula e para o que Belén pon ao noso dispor as programacións para 2º de ESO e 2º de Bacharelato, se queredes adaptalas. Só tedes que indicalo nos comentarios deste post.
Para acceder ao recurso, premede na imaxe.
Fastâstico idea etraballo. Teñen que coñecer e traballar coa biodiversidade que temos para que tomen conciencia da imortancia de protexela.
Interésame moito a programación para ambos cursos.
Moitas gracias por compartir.
Ola Carmen, perdoa, xa ves cando vin o comentario…, escríbeme ao meu mail e te paso as programacións. Moitas grazas polo interese, e perdoa a tardanza. belenarenal@gmai.com
Noraboa por este traballo! Pareceume marabilloso! E creo que é de vital importancia traballar a biodiversidade na aula porque é a única forma de crear conciencia para a súa proteción.
Gustaríame ter as programacións para valorar a súa creación no meu centro (aínda que non sei moi ben como vai iso, pero informareime).
Moitas grazas.
Unha aperta
Moitas grazas, calquera cousa podes escribirme ao mail: belenarenal@gmail.com