Pete o Gato – I like my white shoes (Galego/Inglés)

AG.- Pasou o día do libro e non o celebramos. Para que non quede un mal sabor na boca, Tareixa, a nosa ILSE preferida quixo compartir connosco o seguinte vídeo.

Desde as aulas do CEIP Quiroga Palacios crearon este vídeo no que nos contan a historia de Pete, o gato. Podemos practicar tanto a Lingua de Signos como o Inglés. Dous nun.

Esperamos que vos guste. Grazas, Tareixa, por seguir compartindo.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *