St. George’s Day

AG.- Hoxe, 23 de abril, celébrase San Xurxo, o patrón de Inglaterra. Conta a lenda que foi un soldado cristián nacido en Capadocia (Turquía) no século III baixo o dominio do Imperio Romano. Rebelouse contra a persecución dos cristiáns, o cal o levou a ser decapitado. Pero, sen dúbida, é máis coñecido pola famosa lenda do século XII, na cal matou un dragón e salvou a princesa que ía ser sacrificada.

Na actualidade non é un día festivo en Inglaterra, aínda que si poden verse persoas cunha rosa vermella na lapela en desfiles gozando da música e actividades conmemorativas por todo o país, así coma a bandeira coa cruz de San Xurxo en moitos edificios, especialmente nos seus famosos pubs.

A profesora Raquel Fernández rétate a que amplíes os teus coñecementos sobre este país do Reino Unido e o seu patrón cun escape room. Happy St. George’s Day!!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *