23 xeografías da literatura galega no 23 de abril. Día do libro.
AG.- A literatura galega viaxa no día do libro de norte a sur e de este a oeste, 23 xeografías – para o día 23 de abril – que rompen o tópico do localismo que nalgún tempo etiquetou a nosa literatura. No Día do Libro quixemos percorrer o mundo e visibilizar a universalidade que sempre nos acompañou; navegamos e soñamos coas palabras dos nosos escritores e escritoras máis viaxeiros.
Picade nos puntos do mapa e voade cos libros no seu día: