O SÍMBOLO DO CAMBIO

AG – Julia Bermúdez, asturiana e galega de adopción, realizou hai un par de anos un dos vídeos finalistas da V OFG.
Unha reflexión en torno ao feminismo, á revolución e ás ansias de cambio están presentes na curta que realizou con moito esforzo!
Gozádea!
Deixámosvos unhas cuestións para que pensedes e repensedes o momento, e convidámosvos ao mesmo tempo a que comparedes que cuestións cambiaron dende hai 5 anos, cando se fixo a curta.
Ata que punto os roles de xénero están superados? Como se incrementa a desigualdade en plena pandemia? Que está nas nosas mans para poder artellar un cambio?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *