COVID-19: Re-pensar a educación

AG – No pasado mes de xuño a Revista Galega de Educación de Nova Escola Galega quitaba un número especial dedicado a como nos vimos na obriga de re-pensar a educación ante a emerxencia sanitaria de COVID-19.

Sete meses despois, cando imos pola terceira onda da pandemia, os seus artigos continúan tan ou máis vixentes que no momento da saída da revista.

Entre outros contidos moi interesantes, na páxina 28 da publicación podedes ler un artigo titulado “AULAS GALEGAS Profesorado solidario en tempos de pandemia” realizado por nós.

Podedes descargar o número da revista dende aquí.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *