Casiña das vogais

AG.- Hoxe, Patricia Fernández (desde miminipandi) ofrécenos «Casiña das vogais», unha proposta para traballar a conciencia fonolóxica e máis concretamente o son inicial das palabras.
Este recurso consta de 5 casiñas para 5 vogais, e 30 tarxetas con diferentes elementos. O xogo consiste en colocar cada tarxeta na súa casiña correspondente dependendo do son inicial que teña esa palabra.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *