Xeos de cores

AG.- Neste caso o material desta actividade son os xeos, moi apropiados agora que vén o verán e o sol sae en Galiza!!

Necesitades ter algúns moldes con distintas formas, e colorante alimenticio co que poderedes tintar os distintos moldes e darlles tanta cor como vos apeteza, xa que tamén tedes a posibilidade de mesturalos, e crear outros novos.

E para rematar, necesitades un material absorvente, como o destas pranchas de cor branca ou similares (filtros de cociña).

Deixade as vosas experiencias no apartado para comentarios.

Apertas a moreas.

Sandra Ocampo Lagoa


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *