Sumarchís!

AG.- Hoxe presentámosvos o Sumarchís! Un xogo de mesa co que os nenos e nenas poderán traballar o recoñecemento de números, o conteo, a realización de sumas e restas mentais e, como en todo xogo, o respecto polas normas.

Poden participar entre 1 e 4 xogadores/as, seguindo estas instrucións:

  • Colocarse na casa de saída, cada ficha no lugar correspondente á súa cor.
  • Tirar o dado por quendas.
  • Na casa de saída, avanzar cara a adiante tantos recadros como indique o dado.
  • Nas demais casas, cando se tira o dado hai que realizar a suma ou a resta correspondente e avanzar o que nos dea o resultado desa suma ou resta.
  • Gaña quen antes logre cruzar a meta.

Na imaxe vedes o taboleiro de xogo feito por unha nena de primaria. Vedes que en cada casa, foi anotando (ela e o resto dos xogadores e xogadoras) o resultado da suma ou da resta que lle tocou facer. Segundo o nivel de dificultade que queirades establecer, poñede sumas e restas máis ou menos difíciles.

Facede o voso taboleiro e… A XOGAR!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *